Son d´aldea 2018

AS NOVAS NA ALDEA

Un ano máis, e é o oitavo, acontece en Santiago de Albá, Santo Xusto e Vilafofe, no concello de Palas de Rei (na Ulloa), lugares tamén cubertos de balor. Son aldeas emprazadas nos carreiros dos mundos de hoxe, como calquera outra aldea do noso país, no interior dunha Galiza que esmorece, que, como tantas outras, olla con inquedanza e nostalxia a perda dun xeito de vida que nos trouxo ata aquí, que nos identifica e nos permitiu ser quen somos.

A esta veciñanza bulideira, con orgullo do seu, que non resiste ou non quere perder a memoria da súa “alma mater”, da terra que a criou, uníronse persoas chegadas de distintos puntos de Galiza e velaí temos unha aventura senlleira, un acontecemento onde se implican, con agarimo, máis de cen persoas, actores e actrices insospeitados intérpretes do seu propio pasado, intérpretes de todo un sentir adormecido no xenio da nosa esencia. De todos eles manou a ousadía, a entrega, unha andanza de ilusión; de todos eles xorde a creación dun evento onde a aldea e a súa xente recobran convicción e recoñecemento, a recreación do íntimo ser do lugar de hai catro, cinco, seis… innúmeras décadas. Seguir lendo…

Esgotadas as entradas para Son d´aldea 2018

Ensaios 2018

Estamos traballando arreo para que un ano máis, todas as escenas por donde pasará o roteiro vos sorprendan… Aquí vos deixamos un pequeniño adianto:

Venres 31 de agosto

Sábado 1 de setembro

Contacta con nós