Son d´aldea 2019

OS OLLOS DA EXPERIENCIA

Retornamos. Levamos oito edicións de Son d´aldea, oito anos outorgando xesto e vida ás raíces e ás sombras dos devanceiros no rural, tentando que a lembranza colme ocos e vontades e resoen as voces da aldea antano coma ondas dun eco sen fin. Camiñamos cara a seguinte edición.

Desta volta mergullarémosnos no ser das persoas maiores. A súa existencia harmónica nos eidos, na familia, punto de unión e de experiencia; vagar cos netos e labor de presenza inmenso; garda e respecto; morte entre os seus e vela nun cuarto da súa casa. No escano ao pé da lareira, ao virar de cada corredoira, en cada fonte e adro, as súas pegadas conforman as palabras do saber, dos contos, da memoria da tribo, un canto incesante de humanidade e lendas. Eles son as cántigas da ledicia e do paso dos días, con eles as sementeiras e as colleitas, as celebracións ao longo do ano e da nosa existencia, o cariño e atención que nos merecen.

ENTIDADES COLABORADORAS:

      

Ensaios / Escenarios 2019

Estamos traballando arreo para que un ano máis, todas as escenas por donde pasará o roteiro vos sorprendan… Aquí vos deixamos un pequeniño adianto dalgúns lugares polos que iremos nesta nova edición

escenario2019_2

Venres 6 de setembro

Sábado 7 de setembro

Contacta con nós