XII - EDICIÓN SON D'ALDEA - 2023

Preme este enlace para ver un vídeo resumo da XI edición do 2022

QUEDAN MOI POUCAS ENTRADAS !

RESERVA CANTO ANTES... OU QUEDARÁS SEN ENTRADA!

(No caso de non facer reserva previa, por ws ou transferencia, o prezo increméntase en 5€)

PARA RESERVAR ENTRADAS:

PODE FACERSE:

1. POR TRANSFERENCIA (Ver nº máis abaixo)

ou

2. ENVÍA UN WHATSAPP OU CHAMA AO NÚMERO:

 

613 33 06 07

PREZOS CON RESERVA ANTICIPADA

Xornada 1
Venres 1 de setembro

PREZO: 10 €

Xornada 2
Sábado 2 de setembro

PREZO: 30 €
(de 4 a 12 anos: 25 €)

Xornada 1 e 2
Venres e sábado

PREZO: 35 €
(de 4 a 12 anos: 30 €)

COA ENTRADA Á XORNADA DO SÁBADO PODES...

  • Asistir ao Roteiro Teatralizado
    (16 escenas)
  • Xantar na aldea con produtos da terra
  • Participar nos XOGOS POPULARES
  • Asistencia preferente á 1ª actuación do sábado:

GRUPO AILÁ

  • Asistencia preferente á actuación estelar

A BANDA DA BALBINA

PROGRAMA SON D'ALDEA - 2023

VENRES 1

17:00 - PARLADOIRO:

“COIDADOS, ENCONTROS E TRANSFORMACIÓN COMUNITARIA”

A xornada debate porá o foco de atención no traballo que levan a cabo dúas
cooperativas sociais, Feitoría Verde e Outonía. Entenden o medio rural como
espazo de encontro no que reflexionar sobre a relación co medio social e natural e, tamén, como espazo para compartir e transformar mediante a creación de redes e sinerxías.

Modera:

Santiago (Chago) Prado Conde

PARTICIPAN:

Miguel Pardellas e Andrea López (Cooperativa Feitoría Verde):

Do desequilibrio aos soños compartidos

Araceli Macías e Tania Sánchez (Cooperativa Outonía):

Cidadanía mutante para un mundo rural.

A recepción de participantes empezará ás 16:30, no PARLADOIRO de SANTIAGO DE ALBÁ.

Recomendamos chegada puntual.

19:30 - PRESENTACIÓN DOS LIBROS:

  • Animais fantásticos de aldea de Andrea García Martínez
  • SON D'ALDEA 2022

20:30 -

AVELINO GONZÁLEZ, presenta...

CONTOS D'ALDEA

21:30 - CEA NA ALDEA

SÁBADO 2

10:00 - ROTEIRO TEATRAL

A DESPEDIDA

SON D´ALDEA avivece de novo. Baixo a sombra das carballeiras, ao pé das casas de Curbián e a carón do río Roxán, percorremos as despedidas que axexan na aldea. Despedimos o rapaz e unha criada nena; lembramos a marcha á emigración; choramos unha cadela e unha vaca; a muller despide os queridos, o caseiro un lugar sen saber a onde ir; sentimos o baleiro de quen morre e as meigas axexan. Os nenos xogan a matar con escopetas de pau. Despedimos ao son vida.

INDICACIÓNS IMPORTANTES PARA O ROTEIRO

O ROTEIRO TEATRAL 2023 FARASE POR LUGARES

SITUADOS NA CONTORNA DA ALDEA DE CURBIÁN

ESCENAS

TRANSICIÓNS

1.- Ao pé do cruceiro.

1.- Amas de lugares… e de vidas.

2.- Mocear e servir.

2.- No lavadoiro.

3.- Benedicto Fuentes Díaz

3.- O Setechaquetas.

4.- Ir ou quedar

4.- O baleiro dun adeus.

5.- A despedida do rapaz.

5.- O canelo da despedida.

6.- O pozo das meigas.

6.- O documento.

7.- A razón da vida.

7.- Muíño da Ribeira.

8.- Pero mañá, se chego aló.

8.- Mixán.

1.- MOI IMPORTANTE:

A RECEPCIÓN SERÁ AO LADO DA IGREXA DE CURBIÁN.

Ubicación: https://goo.gl/maps/C15NW5FWjAwQjA5z8

2.- A recepción de participantes empezará ás 9:30.

Recomendamos chegada puntual.

3.- Recomendamos levar calzado e roupa axeitada para camiñar.

4.- Unha vez rematado o roteiro trasladarémonos (cada un no seu medio de transporte) ata Santiago de Albá, no mesmo lugar de todas as edicións anteriores, para gozar do...

14:30 - XANTAR NA ALDEA

(Se alguén quere menú vexetariano, debe comunicalo previamente no whatsapp 613 33 06 07, ou no momento da recepción)

17:00 - XOGOS POPULARES

19:30 - ACTUACIÓN 1

GRUPO AILÁ

(PROGRAMA XUNT@S POLO SERÁN 2023
VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA)

21:00 - CONCERTO

A BANDA DA BALBINA


DURANTE TODA A XORNADA...

MOSTRA DE ARTESANÍA ALIMENTAR
Arqueixal  - Xianas - Os do Sabugueiro  - Licor do Romualdo - Mariñeiras Daveiga – Porcos de Rumín – Castañas Naiciña – Adega do Porto - Xeou.

OFICIOS ARTESÁNS
As Espigadoras - Cesteira de Santamariña -  Cestería viva – Tendacultura – Johan Photography – Horas perdidas

RESERVA DE PRAZAS 2023

Para reservar a túa entrada para as dúas xornadas de Son d´aldea 2023 que se celebrarán os vindeiros VENRES 1 DE SETEMBRO e SÁBADO 2 de SETEMBRO de 2023, a inscrición deberá realizarse mediante ingreso por transferencia bancaria ou abonándolla directamente a algún dos organizadores.

 

Tamén se pode facer reserva, pendente de pago, por whatsapp no número de Son d'aldea: 613 33 06 07

 

Recordade que as prazas son limitadas e que é moi importante que conservedes o xustificante da transferencia por se é necesario presentalo o día que se acude a Son d´aldea.

 

A inscrición das dúas xornadas dará dereito a asistir aos debates e presentacións teatrais e musicais do venres e do sábado, xantar do sábado e a entrada de balde a todas as actividades programadas..

Xornada

Prezo 

Xornada 1
Venres 1 de setembro

10 €

Xornada 2
Sábado 2 de setembro

30 €
(de 4 a 12 anos: 25 €)

SE NON SE FAI RESERVA PREVIA INCREMÉNTASE O PREZO EN 5€

Xornada 1 e 2
Venres e sábado

35 €
(de 4 a 12 anos: 30 €)

Se queres reservar para o venres 1 de setembro: no concepto debes poñer XOR1 nome e apelidos - nº de teléfono
Se queres reservar para o sábado 2 de setembro: no concepto debes poñer XOR2 nome e apelidos - nº de teléfono
Se queres reservar para o venres e para o sábado: no concepto debes poñer XOR1e2 nome e apelidos - nº de teléfono

 

Os datos para a transferencia son:

Caixa Rural Galega: ES97 3070 0010 5161 9352 0522
Beneficiario : Asociación Son d'aldea