VENRES, 6 DE SETEMBRO. 21:00 PAULA CARBALLEIRA: "OS CONTOS QUE ME CONTAN" |
|
Paula Carballeira Cabana, escritora, contacontos e actriz galega. Ganadora del Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023. Desde moi nova, amosou interese pola literatura e o teatro.Desde a década dos 90, converteuse en pioneira de conta-contos na Galiza, actividade que ten levado a diferentes festivais.
|
|
SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. 19:30 |
|
SHEILA PATRICIA |
|
A música de Sheila Patricia está influenciada polas innumerables viaxes por América Latina durante a súa infancia que a levaron a ter un corazón cheo de melodías e ritmos das máis diversas orixes. Desenvolveu unha perspectiva única que toma elementos do fado, o jazz ou a música folk arxentina. O seu proxecto é unha investigación continua das diferentes linguas do folk.
|
|
SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. 21:00 |
|
TIRULEQUE |
|
TIRULEQUE nace como banda na Coruña en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine -Avilés Intercélticu, entre outros. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera entre outros.
|