edición anterior

PROGRAMA DO SÁBADO 7 DE SETEMBRO

 

9:30 - Recepción de participantes na aldea da GRAÑA

Ver ubicación do aparcamento e recepción >>>

10:30 - ROTEIRO TEATRAL: O VALOR DA AUGA

16 ESCENAS POLA ALDEA SOUTOS E CARBALLEIRAS DA GRAÑA :

 ESCENAS
TRANSICIÓNS
 A FORZA DA ALDEA
AUGA, SEÑORITA E BOCADOS
 O EIXE
A AUGA DE AMASAR
 AS TROITAS DA CHUMBEIRA
A PROCESIÓN
 A CONFESIÓN
O DESCASAMENTO
 LEIRA DAS TORTAS
O COMPOÑEDOR A PAUS
 PORTALAGA, A VIDA DUN REGATO
A FESTA POLA TOSTA
 A PRESA E O DOTE
CURUXÁS DORME  SESTA
 APRENDENDO A BAILAR
XENTE DA FEIRA

14:00 - Remate do ROTEIRO e traslado por libre ata SANTIAGO DE ALBÁ

14:30 - XANTAR NA ALDEA

16:30 - ENTREGA DE PREMIOS (MÁCARA, CAREÓN E SOND'ALDEA)

17:30 - XOGOS POPULARES

Este é o aparcadoiro e lugar da recepción para o sábado:

https://maps.app.goo.gl/A7L3iw9S6BZYT1MS8

Na aldea da GRAÑA (San Xiao do Camiño - San Xulián do Camiño)

APARCAMENTO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

19:30 : SHEILA PATRICIA
SHEILAPATRICIA

A música de Sheila Patricia está influenciada polas innumerables viaxes por América Latina durante a súa infancia que a levaron a ter un corazón cheo de melodías e ritmos das máis diversas orixes. Desenvolveu unha perspectiva única que toma elementos do fado, o jazz ou a música folk arxentina. O seu proxecto é unha investigación continua das diferentes linguas do folk.

 

Actuación subvencionada pola Vicepresidencia da DEPUTACIÓN DE LUGO.

 

 

21:00 : TIRULEQUE
 

TIRULEQUE nace como banda na Coruña en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas.

Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine -Avilés Intercélticu, entre outros. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera entre outros.

 

 

 

 

TIRULEQUE
2021 2023