Programa – Son D´Aldea 2019

Venres 6 de setembro

16:30 Recepción de participantes

17:00 Mesa redonda: AS PERSOAS MAIORES NO MEDIO RURAL

A xornada debate prestará atención ás persoas maiores no medio rural. A súa situación e diversidade; os procesos de participación social a través das dimensións social, educativa e cultural; e o mantemento da poboación no rural a través dos servizos de proximidade.

Conferenciantes:

Mª. Carmen Morán de Castro (Universidade de Santiago de Compostela): Animación sociocultural como estratexia educativa promotora da participación social.

Alberto Saco (Universidade de Vigo): Os vellos no rural: Futuro e diversidade.

Raquel Vázquez Pérez (Universidade de Vigo): O mantemento da poboación maior no rural: Os servizos de proximidade.

Máis información ->

20:00 PRESENTACIÓN DO LIBRO: AS NOVAS NA ALDEA, 2018

20:15 Monólogo. Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz)

21:00 Cea con produtos Da Aldea e encomenda.

22:00 Actuación da Asociación Cultural PALACIO DO REI

Sábado 7 de setembro

09:30 Recepción.

10:00 Roteiro teatral: OS OLLOS DA EXPERIENCIA

Outorgamos xesto e vida ás raíces e ás sombras dos devanceiros no rural; tentamos que a lembranza colme ocos e vontades e resoen as voces da aldea antano coma ondas dun eco sen fin. Mergullamos no ser das persoas maiores, punto de unión e de experiencia, vagar cos netos e labor de presenza inmenso, garda e respecto. Achegámosnos á memoria da tribo, á humanidade e ás lendas; celebramos o cariño e a atención que os maiores nos merecen.

ESCENAS

TRANSICIÓNS

1.- Romance do Castelo de Pambre.

1.- O profesor da torre.

2.- De balde… + Bocados

2.- Trastadas. 

3.- Zoraida.

3.- Verbas sisudas…

4.- Destete.

4.- As estampas

5.- O mendicante de Moredo.

5.- Camiño do traballo.

6.- Pillando nas troitas.

6.- O señor Manuel do Picho.

7.- O amor do muiñeiro. / O traxe.

7.- A disputa das augas do río.

8.- A cuadrilla da seitura a Castela.

8.- Axuda.

14:30 Xantar Na Aldea.

17:00 Mostra de oficios artesáns e artesanía Alimentar Na Aldea e xogos populares con Xotramu.

20:00 Actuación: AS CANTIGAS DE ELENA

21:00 Romaría con OS MELIDAOS


Mostra de artesanía Alimentaria

Arqueixal  – Xianas – Os do Sabugueiro – Castañas Naiciña – Licor de Estrugas – Mariñeiras Daveiga – Pan de Carteire – Porcos de Rumín – María Tola.

Oficios artesáns

O Carro de Pepe – As Espigadoras – Cesteira de Santamariña –  Cestería viva – Tendacultura – Reciclarte – Johan Photography – As palilleiras da Ulloa.

ORGANIZACIÓN

Asociación Son d’aldea.

COLABORAN

Asociación  cultural e de veciños de Santiago de Albá, O PARZAMIQUE; Asociación cultural e de veciños de Santo Xusto, ENTREPORTAS, ARQUEIXAL, Metátese Teatro, Alentía Teatro, DEPUTACIÓN DE LUGO, CONCELLO DE PALAS DE REI, CAIXA RURAL GALEGA, XOTRAMU,  MERCADO DA COLLEITA, Asociación cultural BUXAINA, Asociación cultural PALACIO DO REI.

Top

Login


Create an Account!
Forgot Password?
Registration is disabled.

Want to Login?

Forgot Password?