Sábado 7 de setembro, 21:00

O grupo de música tradicional galega Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións  e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Este grupo vén desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai dezaoito anos, con aquel principio como guía.

  Os sete membros dos Melidaos son:

  • Pepiño Blanco López- Bombo (Melide)
  • X. Luís Casal Lema- Tamboril (Oleiros)
  • Antonio Raposo Vidal- Gaita, pínfano e pandeireta (Arzúa)
  • Diego González Vázquez- Gaita e pandeireta (Sada)
  • Xele Barrio Blanco- Acordeón (Melide)
  • Pilar Ramallal Fernández- Gaita e pandeireta (Ribadeo)
  • Carlos Barbeito Bello- Gaita (Oleiros)

O repertorio dos Melidaos nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos catro Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como de moitas pezas da súa creación.

DISCOS PUBLICADOS:

Os Melidaos suman xa catro discos gravados:

1.- “Que ben baila, que ben baila” (2009)

 2.- “Axudádeme a cantar” (2012) no que incluíron, por vez primeira, as voces dos seus membros.

3.- “Festa na Codeseira”(2015)con máis da metade das pezas tamén cantadas.

4.- “Tribo Nosa” Un disco de 15 pezas con moitas delas cantadas e compostas, na súa maioría, por Antonio Raposo Vidal.

Os Melidaos levan anos investigando, conservando, poñendo en valor e divulgando a enorme riqueza musical deste País. Un grupo que goza coa nosa música, que busca a información de cada unha das pezas que interpreta, que respecta coa máxima fidelidade as cancións que chegan ata eles e que, por enriba de todo, amosan orgullo interpretando a música galega.

    Os Melidaos son moi respectados no panorama tradicional polo seu enorme tino, seriedade e autenticidade á hora de vestir e de interpretar a música con fonda raíz.

INCORPORACIÓN DE NOVOS MEMBROS

Os Melidaos incorporaron no ano 2015 á súa formación a unha muller, Pilar Ramallal Fernández, experimentada gaiteira da Mariña Luguesa (Ribadeo e Burela) e a finais do  ano 2017 ao gaiteiro Carlos Barbeito Bello (Oleiros). Ambos músicos chegaron para substituír ós máis veteranos do grupo, Pepe Taboada e Marcelino Vázquez (un dos fundadores do grupo), que deixaron a formación por motivos de idade e de saúde.

COROS HISTÓRICOS

Os Melidaos decláranse profundos admiradores dos catro Coros Históricos que existen na actualidade, ademais dos coros galegos de nova formación como Cantares do Brión, por exemplo. Non hai actuación na que non reclamen publicamente un apoio serio e decidido para estas formacións fundamentais na música tradicional.

No seu novo disco aparecen novamente pezas dos arquivos dos Coros Históricos, fonte na que beben moi a miúdo.

 “A música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Debemos apoiar, potenciar e respectar a nosa música porque forma parte

                    esencial da nosa cultura, do noso ser como pobo.

O pobo que non amosa orgullo polas súas raíces,

non terá futuro como tal”.

Os Melidaos

Para ver algunha das úas actuacións, preme nos seguintes enlaces:

Micaela no Festival das Pardiñas

Foliada rianxeira (LUAR)

Cantiga da noite

Polo rueiro de bando

Top

Login


Create an Account!
Forgot Password?
Registration is disabled.

Want to Login?

Forgot Password?