Xornada debate de Son d’aldea 2018

Edición 2018

Procesos de patrimonialización do rural
Coordinan: Xerardo Pereiro (CETRAD-UTAD) e Santiago Prado Conde (UNIR, CETRAD-UTAD).
A xornada debate de Son d’aldea adícase nesta oitava edición a reflexionar sobre os procesos de patrimonialización do rural. Dende os vellos procesos de patrimonialización relacionados, por exemplo, coa arquitectura e as lendas ata novos procesos que poñen en valor as culturas do traballo e os denominados patrimonios silenciados, entre outros.
Como en anos anteriores, analizarase o rural dende unha perspectiva global, crítica e, sobre todo, preténdese que se poida xerar un enriquecedor debate dentro da integralidade que supón Son d’aldea.
As persoas convidadas para dinamizar o debate está formado por:
Dra. Cristina Sánchez-Carretero é científica titular do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Título da intervención: O discreto encanto do patrimonio: conflito e participación.
Dra. Guadalupe Jiménez Esquinas é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
Título da intervención: Patrimonio e mulleres na Galiza rural.
Dr. César Llana, director do Museo Etnólóxico (Xunta de Galicia).
Título da intervención: A creación das memorias imaxinadas?

Conferenciantes 2018

Cristina Sánchez-Carretero

Cristina Sánchez-Carretero é científica titular do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde coordina a especialidade de antropoloxía. É presidenta da Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) e tamén preside a Comisión Profesional da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE). Formouse como antropóloga e realizou o doutoramento na Universidade de Pennsylvania, onde obtivo o premio a investigación da facultade de Ciencias e Letras (2002).

A súa investigación céntrase nos procesos de patrimonialización nas sociedades contemporáneas, no tema de conflito e patrimonio e no estudo de novos rituais e novos patrimonios.

É autora de máis de 50 artigos publicados en revistas científicas e libros; autora o co-autora de tres monografías e coordinadora de nove libros colectivos. Entre os seus libros destacan: Heritage, Pilgrimage and the Camino to Finisterre: Walking to the End of the World (Amsterdam: Springer, 2015), Grassroots Memorials. The Politics of Memorializing Traumatic Death (Oxford: Berghahn, 2011, editado xunto con Peter Jan Margry), El Archivo del Duelo. Análisis de la respuesta ciudadana ante los atentados del 11 de marzo en Madrid (Madrid: CSIC, 2011).

Guadalupe Jiménez-Esquinas

Guadalupe Jiménez-Esquinas é doutora internacional pola Universidade do País Vasco (2018), máster universitario en estudos de xénero (2010, CSIC-UIMP), licenciada en antropoloxía social e cultural (UCM, 2009) e diplomada en enfermería (UCO, 2005). Fixo a súa tese de doutoramento cunha beca Jae-Predoc no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e traballou como investigadora en antropoloxía no proxecto internacional NEARCH (New scenarios for a community-involved archaeologi, programa Culture U.E.). Na actualidade é profesora na Universidade de Santiago de Compostela. Ela traballa no ámbito dos estudos críticos do patrimonio e céntrase especialmente na análise feminista dos procesos de patrimonialización da paisaxe, a poboación, a economía e as artesanías en Galiza. Xunto a un grupo de investigadoras tamén está desenvolvendo estudos sobre a participación social na xestión do patrimonio cultural. No 2017 recibiu o premio da USC á introdución da perspectiva de xénero na investigación. Realizou estadías de investigación en universidades internacionais como a NYU, UBA e institucións como o IAPH. Publicou capítulos de libro e artigos en revistas como PH, Anthropology Today, Tourist Studies y Journal of Sustainable Tourism.

César Llana

César Llana. Doutor en Historia pola USC. Tras unha etapa na que exerceu a profesión de prehistoriador, accede ao mundo dos museos onde ten sido bolseiro (Museo Distrital de Setúbal e no Servizo de Museos da Xunta de Galicia), auxiliar (Museo do Castro de Viladonga) e técnico (Museo Etnolóxico de Ribadavia), centro que dirixe na actualidade. Ten publicacións no ámbito da prehistoria, a arqueoloxía e na antropoloxía visual; desenvolveu actividade docente en varias universidades.

Historia da xornada debate

Son d’aldea é unha actividade dinamizadora do medio rural que trata de proxectalo e dignificalo a través dunha xornada de participación activa da cidadanía mediante unha reflexión sobre as novas vías de ruralidade no presente, un recoñecemento da súa heteroxeneidade e un amplo elenco de actividades. Entre as distintas actividades, e baixo a coordinación de Xerardo Pereiro (CETRAD-UTAD) e Santiago Prado Conde (UNIR, CETRAD-UTAD), celébrase dende a segunda edición de Son d’aldea unha xornada debate que en anos anteriores foi adicada e contou cos seguintes participantes:

2012 Oportunidades no rural
José Manuel del Barrio Aliste (Universidade de Salamanca): A sociedade rural como obxecto de consumo.
Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela): Desertores do agro.
Luís Vale (Universidade Fernando Pessoa, Portugal): Turismo Vinhais – projectar o passado, através das oportunidades presentes, no futuro
Sandra González Sousa (Universitat de Barcelona): Posta en valor do patrimonio rural.
Proxección fotográfica comentada polo fotógrafo Carlos Valcárcel.

2013 Mulleres e novas ruralidades
Alicia González: O papel da muller rural galega na Cultura Organizacional.
Carlos Montes (Universidad Nacional de Educación a Distancia): As Empresas con base humana feminina: O exemplo de Milhulloa.
Luzia Oca (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro – Portugal): Empoderamento da muller no rural.

2014 Produtos locais, alimentación e soberanía alimentar
Proxección do documental “A farm for the future” (subtitulado en español)
Profesor Dr. Xoán Carlos Carreira (Universidade de Santiago de Compostela)

2015 Novas ruralidades: oportunidades e retos nun mundo global
Tamara Balboa García (Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas): Portas Abertas ó futuro.
Idoia Cuesta (Cestería Contemporánea).
César Cambeiro (Actor).
Xosé Luis Fernández Segade (Gandeiro).

2016 Educación e desenvolvemento no mundo rural
Julia Varela (Universidade Complutense de Madrid)
Prof. Dr. Américo Nunes Peres (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro – Portugal)
António Rodríguez Corbal (Portavoz do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” – Lodoselo – Sarreaus – Ourense)

2017 Os animais e os humanos no medio rural
José Antonio Cortés Vázquez (Universidade da Coruña – Bolseiro Posdoutoramento InTalent UDC-Inditex): De animais, humanos e naturezas.
Xosé Manuel González Reboredo (Instituto das Identidades – Museo do Pobo Galego): Máis alá dos labregos. Interpretacións ideoloxico-identitarias de vacas, cabalos e porcos na Galiza contemporânea.
Miguel Nóvoa (AEPGA – Associação para o Estudo e Proteção do Gado Assinino, Miranda do Douro – Portugal): De burros e outras coisas.