edición anterior ACTUACIÓNS - XIII EDICIÓN - 2024  

VENRES, 6 DE SETEMBRO. 21:00

PAULA CARBALLEIRA: "OS CONTOS QUE ME CONTAN"

Paula Carballeira Cabana, escritora, contacontos e actriz galega.

Ganadora del Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.

Desde moi nova, amosou interese pola literatura e o teatro.Desde a década dos 90, converteuse en pioneira de conta-contos na Galiza, actividade que ten levado a diferentes festivais.

 

 

 

 

 

paula
SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. 19:30
SHEILA PATRICIA
SHEILAPATRICIA

A música de Sheila Patricia está influenciada polas innumerables viaxes por América Latina durante a súa infancia que a levaron a ter un corazón cheo de melodías e ritmos das máis diversas orixes. Desenvolveu unha perspectiva única que toma elementos do fado, o jazz ou a música folk arxentina. O seu proxecto é unha investigación continua das diferentes linguas do folk.

 

 

 

 

 

SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. 21:00
TIRULEQUE
 

TIRULEQUE nace como banda na Coruña en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas.

Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine -Avilés Intercélticu, entre outros. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera entre outros.

 

 

 

 

TIRULEQUE