edición anterior

PROGRAMA DO VENRES 4 DE SETEMBRO DE 2026

16:30 - Recepción de participantes no Parladoiro de Santiago de Albá

17:00 - Mesa de debate:

Das miserias ás reivindicacións: dos caseiros ao bravú

Modera: Santiago (Chago) Prado Conde

Participan:

Xoan Carlos García Porral

Xurxo Souto

--> UBICACIÓN: https://maps.app.goo.gl/7asEKgJU19PyfQ5q6

--> PREME PARA VER O PROGRAMA DE MAO DO VENRES

A xornada debate articúlase entre a figura central dos caseiros no rural galego,  como vidas ergueitas nas múltiples miserias e, quizais, tamén con resistencias silenciosas; e o bravú como música e, principalmente, movemento que atravesou dende o rural toda a sociedade galega..

> Preme para máis información <

19:30 - Presentación dos libros:

PANTASMADAS

"PANTASMADAS"

Andrea García Martínez

LIBRO 13-14

SON D'ALDEA 2013 - 2014

Presentado por:

FERNANDO GARCÍA PENAS

XOSÉ CASTRO

AFONSO GARCÍA PENAS

 

LIBRO 2025

SON D'ALDEA 2025

Presentado por:

FERNANDO GARCÍA PENAS

XOSÉ CASTRO

AFONSO GARCÍA PENAS

20:30 - INMA SOTO: "XELA, A SUPERHEROÍNA DE ALDEA"

XELARecentemente autoeditou “Xela, a superheroína de aldea”, un álbum ilustrado que acompaña un proxecto de Educación Ambiental.

INMA SOTO

Inma Soto é Educadora Ambiental e contadora de historias, con máis dunha década adicada á divulgación da natureza. Emprega os contos como ferramenta educativa e lúdica para por en valor o noso patrimonio natural e cultural.

Participa de representacións teatrais para a posta en valor e coñecemento dos nosos saberes, dende o ciclo do pan a oficios como a olaría.

Da vida a trasnos, mouras e meigas.

Os contos naceron para sensibilizar na protección e respecto polo medio, divulgar e dar a coñecer a nosa cultura; o conto apela a emoción!
Creadora de Xuri, o protagonista dun conto sobre lumes forestais.

Estudou Ciencias do Mar en Vigo levada polo entusiasmo dun corazón aventureiro; e coa ansia de interpretar e valorar a nosa natureza sentiu a necesidade de completar esta formación co Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural.

21:30 - Cea na aldea

2021 2023