ACTUACIÓNS - XV EDICIÓN - 2026  

VENRES, 4 DE SETEMBRO. 21:00

INMA SOTO: "XELA, SUPERHEROÍNA DA ALDEA "

INMA SOTO

Inma Soto é Educadora Ambiental e contadora de historias, con máis dunha década adicada á divulgación da natureza. Emprega os contos como ferramenta educativa e lúdica para por en valor o noso patrimonio natural e cultural.

Estudou Ciencias do Mar en Vigo levada polo entusiasmo dun corazón aventureiro; e coa ansia de interpretar e valorar a nosa natureza sentiu a necesidade de completar esta formación co Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural.

XELA

Os contos naceron para sensibilizar na protección e respecto polo medio, divulgar e dar a coñecer a nosa cultura; o conto apela a emoción!
Creadora de Xuri, o protagonista dun conto sobre lumes forestais. Da vida a trasnos, mouras e meigas. Participa de representacións teatrais para a posta en valor e coñecemento dos nosos saberes, dende o ciclo do pan a oficios como a olaría. Recentemente autoeditou “Xela, a superheroína de aldea”, un álbum ilustrado que acompaña un proxecto de Educación
Ambiental.

SÁBADO, 5 DE SETEMBRO. 19:30

AS PÍAS

AS PIAS 1

AS PIAS 3

 

As Pías é un grupo de música tradicional galega e folk fundado na comarca de Ferrolterra (con base no Seixo, Mugardos). A formación destaca por recuperar instrumentos de corda e vento, revisitando cantigas populares, foliadas, seitureiras e cantos de romería galegos e portugueses.

O proxecto non utiliza percusión tradicional como base rítmica, xa que o acompañamento e ritmo recaen tamén nos instrumentos de corda

SÁBADO, 5 DE SETEMBRO. 21:00
ARDENTÍA
ARDENTIA 2

Esta actuación está encadrada no: PROGRAMA MÓVETE - Vicepresidencia da DEPUTACIÓN DE LUGO - ÁREA DE CULTURA (Área de Cultura, Património Histórico-Artístico e Normalización Lingüística) .

Ardentía é un grupo folk de Vigo, formación musical galega fundada en 1989, dedicada á promoción e difusión da rica música tradicional galega. Coas súas actuacións enérxicas e participativas, onde a música tradicional e as cantigas populares se mesturan nunha festa, Ardentía transmite a súa paixón pola cultura musical galega. Moitos dos seus temas foron interpretados por grupos destacados do panorama galego, e a banda colaborou con recoñecidos músicos. 

Recibiu premios e recoñecementos da crítica e do público, participando en festivais en Galicia e no estranxeiro. Tamén participa en proxectos de divulgación de instrumentos populares galegos, achegando a súa música ás escolas e creando contido para nenos. A súa diversidade instrumental —gaita, saxofón, acordeón, zanfona, bouzouki, guitarra, contrabaixo, frautas, percusións e voces— é unha das súas características distintivas. 

A través do seu compromiso e dedicación, Ardentía continúa enriquecendo a cultura galega e deixando unha pegada duradeira no panorama musical.

ARDENTIA

ARDENTIA 3