PROGRAMA DO VENRES 4 DE SETEMBRO DE 2026 |
||||
| 16:30 | Recepción de participantes no Parladoiro de Santiago de Albá |
|||
|
|
Mesa de debate: Das miserias ás reivindicacións: dos caseiros ao bravú |
Modera: Santiago (Chago) Prado CondeParticipan:Xoan Carlos García Porral Xurxo Souto |
||
A xornada debate articúlase entre a figura central dos caseiros no rural galego, como vidas ergueitas nas múltiples miserias e, quizais, tamén con resistencias silenciosas; e o bravú como música e, principalmente, movemento que atravesou dende o rural toda a sociedade galega.. |
||||
| 19:30 | Presentación dos libros: |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
"PANTASMADAS" Andrea García Martínez |
SON D'ALDEA 2013 - 2014Presentado por: FERNANDO GARCÍA PENAS XOSÉ CASTRO AFONSO GARCÍA PENAS |
SON D'ALDEA 2025Presentado por: FERNANDO GARCÍA PENAS XOSÉ CASTRO AFONSO GARCÍA PENAS | ||
| 20:30 | INMA SOTO: XELA, A SUPERHEROÍNA DE ALDEA | |||
![]() |
Inma Soto é Educadora Ambiental e contadora de historias, con máis dunha década adicada á divulgación da natureza. Emprega os contos como ferramenta educativa e lúdica para por en valor o noso patrimonio natural e cultural. |
![]() |
||
| Participa de representacións teatrais para a posta en valor e coñecemento dos nosos saberes, dende o ciclo do pan a oficios como a olaría. Recentemente autoeditou “Xela, a superheroína de aldea”, un álbum ilustrado que acompaña un proxecto de Educación Ambiental. |
Da vida a trasnos, mouras e meigas. Os contos naceron para sensibilizar na protección e respecto polo medio, divulgar e dar a coñecer a nosa cultura; o conto apela a emoción! Creadora de Xuri, o protagonista dun conto sobre lumes forestais. |
Estudou Ciencias do Mar en Vigo levada polo entusiasmo dun corazón aventureiro; e coa ansia de interpretar e valorar a nosa natureza sentiu a necesidade de completar esta formación co Ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural. |
||
| 21:30 | Cea na aldea |
|||
![]() |
![]() |
![]() |