Programa – Son D´Aldea 2018

Venres 31 de agosto

16:30 Recepción de participantes

17:00 Mesa redonda

Procesos de patrimonialización do rural

A xornada debate prestará atención aos distintos procesos de patrimonialización que teñen lugar no espazo rural. Dende os vellos procesos de patrimonialización relacionados, por exemplo, coa arquitectura e as lendas ata novos procesos que poñen en valor as culturas do traballo e os denominados patrimonios silenciados, entre outros.

Conferenciantes:

Cristina Sánchez-Carretero (CSIC).
Guadalupe Jiménez Esquinas (USC).
César Llana (Museo Etnolóxico, Xunta de Galicia).

Máis información ->

20:00 Monólogo. Xeografía do imaxinario, de Soledad Felloza.

21:00 Cea con produtos Da Aldea e encomenda.

22:00 Actuación da Asociación Cultural “A FONTE DE MERLÁN”

Sábado 1 de setembro

09:30 Recepción.

10:00 Roteiro teatral: As Novas Na Aldea

Abeiramos polos carreiros por onde as xentes das aldeas entraban en comunicación co mundo. Fontes, lavadoiros, cruces de camiños, carballeiras, soutos, veigas…; todos son lugares propicios para saber o que se di polas feiras, nas romarías, nas mallas, nun enterro, na radio de galena… e na misión da parroquia. Por calquera camiño corren as novas de lugar en lugar, situamos a aldea no seu punto do universo.

Escenas Transicións
1.- Un adeus a Mariquiña. 1.- Dille á defunta.
2.- Un furto de lesa importancia. 2.- A verdadeira e romanceada historia de Curuxás
3.- O fardelo da guerra. 3.- Labrego da palabra
4.- Santidade! 4.- Contos dos camiños.
5.- Heivos adoutrinar. 5.- A radio de Galena.
6.- A Pirenaica. 6.- As novas do serán.
7.- A gaita do tío Secundino. 7.- A carta.
8.- O picho da fonte. 8.- A tola de Carteire / Os cantares de Romualdo.

14:30 Xantar Na Aldea.

17:00 Mostra de oficios artesáns e artesanía Alimentar Na Aldea e xogos populares con Xotramu.

20:00 Actuación: As Fillas Bravas, de Chévere.

21:00 Romaría con Airiños da Freba.


Mostra de artesanía Alimentaria

Arqueixal – Do Souto – Xianas – Os do Sabugueiro – Castañas Naiciña – Adega do Veiga – Licor de Estrugas – Mariñeiras Daveiga – Pan de Carteire – Porcos de Rumín

Oficios artesáns

O Carro de Pepe – As Espigadoras – Cesteira de Santamariña – Tendacultura – Filla das Fadas.