RESERVA DE PRAZAS 2021

Para reservar a túa entrada para as dúas xornadas de Son d´aldea 2021 que se celebrarán os vindeiros VENRES 3 DE SETEMBRO e SÁBADO 4 de SETEMBRO de 2021, a inscrición deberá realizarse mediante ingreso por transferencia bancaria ou abonándolla directamente a algún dos organizadores.


Tamén se pode facer reserva, pendente de pago, por whatsapp no número de Son d'aldea: 633 422 876


Recordade que as prazas son limitadas e que é moi importante que conservedes o xustificante da transferencia porque é necesario presentalo o día que se acude a Son d´aldea.


A inscrición das dúas xornadas dará dereito a asistir aos debates e presentacións teatrais e musicais do venres e do sábado, xantar do sábado e a entrada de balde a todas as actividades programadas.


Por protocolo COVID necesitamos que na reserva (por transferencia ou whatsapp) nos indiquedes un número de teléfono e o nome de todas as persoas que asisten.

Xornada

Prezo ata o 29 de agosto incuído

Prezo despois do 29 de agosto

Xornada 1
Venres 3/9

10€

15€

Xornada 2
Sábado 4/9

30€
(de 4 a 12 anos: 25€)

35€
(de 4 a 12 anos: 30€)

Xornada 1 e 2

35€
(de 4 a 12 anos: 30€)

45€
(de 4 a 12 anos: 40€)

Se queres reservar para o venres 3 de setembro: no concepto debes poñer XOR1 nome e apelidos - nº de teléfono
Se queres reservar para o sábado 4 de setembro: no concepto debes poñer XOR2 nome e apelidos - nº de teléfono
Se queres reservar para o venres e para o sábado: no concepto debes poñer XOR1e2 nome e apelidos - nº de teléfono

Os datos para a transferencia son:

Caixa Rural Galega:

ES97 3070 0010 5161 9352 0522
Beneficiario : Asociación Son d'aldea

Top

Login


Create an Account!
Forgot Password?
Registration is disabled.

Want to Login?

Forgot Password?