
Venres 6 de setembro.
19:00 – Caxoto en Son d'aldea 2019
Felipe Díaz (Caxoto) é a persoa que se atopa detrás do mostrador da Trastenda dos Contos. Dende sempre ligado ó espazo escénico ben a través da música, do baile tradicional ou do teatro
Este ano Caxoto Cativo será a actuación teatral da xornada do venres. Despois dos debates e mesa redonda este marabilloso contacontos faranos rir e pensar un anaquiño…
…Logo virá a paparota de produtos da terra… música… baile… pero esa é outra historia!